Anuncios
Ticker de novas

Preto de 40 inscritos na segunda xornada práctica sobre enxertos de Chandebrito

A Asociación Chandebrito 1807 organiza unha nova edición da xornada de enxertos, coa finalidade de promover a conservación e posta en valor das variedades autóctonas de froita dun xeito sinxelo entre a propia veciñanza.

Ante o éxito de participación na primeira xornada práctica de enxertos de árbores froiteiras de Chandebrito, impartida o pasado 25 de febreiro por Luis Alonso; esta Asociación decidiu realizar unha nova convocatoria da mesma, a celebrar o sábado 11 de marzo en horario de 16:30 a 20:30 horas na escola infantil de Chandebrito. Polo momento xa se inscribiron en total preto de 40 persoas.

O temario inclúe partes dunha árbore, que é un enxerto e para que serve, compatibilidade nos enxertos, tipos de enxertos, época máis axeitada para cada enxerto, recollida de pugas, ferramentas e materiais necesarios, coidados posteriores, prácticas con enxerto de puga e bases do enxerto de xema (avance teórico).

O prazo de inscrición rematará ao cubrirse o cupo total, e, en todo caso, o 9 de marzo. O custo por persoa, con todo o material incluído, é de 10 euros.

Para participar nesta actividade será preciso solicitalo por correo electrónico ao enderezo chandebrito1807@gmail.com indicando o nome e apelidos, NIF, número de teléfono de contacto, lugar de residencia e correo-e.

Anuncios