Anuncios
Ticker de novas

Continúa o I Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe con Modulador de Ondas

Este venres 3 de marzo continúa o I Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe, en Gondomar, organizado polo Departamento de Música do centro, que se celebrará o primeiro venres de cada mes ata xuño.

Modulador de Ondas será o protagonista, o proxecto musical e visual “One Man Band” de Paulo Pascual, con guitarra, theremin, loop station e proxeccións. O concerto comezará ás 20:30 horas no Salón de Actos do Instituto.

Donativo 5 euros. Apertura de portas ás 20:00 horas. Ademais, haberá servizo de cafetería, catering e merchandising.

Anuncios