
Este mércores 1 de marzo finalizan as actividades do Entroido en Gondomar, organizadas pola Concellería de Cultura. A partir das 19:0 horas celebrarase o Enterro da Sardiña polas principais rúas do centro urbano. Despois do velorio e a procesión lerase o testamento para finalizar co enterro de Dona Sardiña, co que se pecha o Entroido. En caso de choiva será no Auditorio Lois Tobio.