Nigrán, premio “¡Buenos días, Javi y Mar! Por un mundo mejor” de Cadena 100

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // O Monte do Castro de Chandebrito tras os incendios forestais.

A parroquia de Chandebrito, en Nigrán, recollerá este ano o seu Premio “¡Buenos días, Javi y Mar! Por un mundo mejor” de Cadena 100, representando a todas aquelas persoas que saíron das súas casas para apagar as chamas e axudar aos seus veciños.

A solidariedade de todo un pobo puido coas chamas que arrasaron Galicia. Man a man, cubo a cubo, o lume foi extinguíndose grazas á colaboración de todos os veciños de Nigrán. A vaga de incendios que arrasou Galicia e as condicións climáticas de sequedade, calor e vento, xunto ao mal estado dos bosques e a falta de bombeiros fixo necesaria a intervención cidadá.

Máis de 11.000 hectáreas de terreo galego foron arrasadas polas chamas e os corpos e forzas de seguridade e salvamento non tiñan recursos suficientes para apagar as chamas. Os veciños de Nigrán encheron cubos de auga e colleron as poucas mangueiras das que dispoñían e saíron a colaborar para extinguir o lume e axudar ás persoas afectadas dando acollida e apoio a todos os que o necesitaban.

Os Premios ¡Buenos días, Javi y Mar! Por un mundo mejor” entregaranse este martes 19 de decembro no cinema Capitol en Madrid.