Anuncios
Ticker de novas

O entroido tamén se celebra surfeando as ondas en Nigrán

FOTO: PATOS SURF ESCOLA

Patos Surf celebrou este domingo o seu “Carnaval Surfero”, unha xornada iniciada no 2009 na que todos os surfeiros da Praia de Patos disfrázanse para celebrar o entroido. O peculiar desta sesión é que os surfeiros teñen que ir á auga disfrazados e tentar surfear co disfrace durante o maior tempo posible.

Así, puidéronse ver supermanes, quenllas, luras, plátanos, abellas e ata as cazafantasmas, unha chea de colorido surfeando nas ondas da Praia de Patos. E ao finalizar a sesión, repartíronse premios aos mellores disfraces e degustouse un chocolate quente acompañado de doces típicos destas datas.

Anuncios