Concerto de El Patio no Central Park de Baiona

O dúo El Patio ofrece este sábado 25 de febreiro un concerto na Cafetería Central Park de Baiona (R/ Laureano Salgado, 7), ás 23:00 horas con entrada gratuíta.

El Patio son Tito Castro (Guitarra) e Diego Romero (Voz). Interpretan versións, aínda que tamén compoñen cancións propias. Interpretan temas de Rumba (Non flamenca), Pop, Rock e versións de moitos outros estilos… desde os sesenta á actualidade, en español e inglés, con guitarra española, acústica ou mesmo piano.

En setembro de 2013 publicaron o seu primeiro álbum titulado ”El Patio” con algunhas versións e temas propios. En marzo de 2015 viu a luz o seu segundo traballo titulado “Coiamba”, composto por 7 temas propios nos que vos presentan a Rumba Coiana.