Anuncios
Ticker de novas

Rúa de Ramón y Cajal

Postal Nº 6 da Serie de Amalio Couto Pacheco, na que se pode ver a Rúa de Ramón y Cajal, en Baiona. De todas as construcións de dúas plantas que recolle Amalio Couto Pacheco nesta postal hoxe xa non queda ningunha. O primeiro edificio, empezando pola dereita, cunha señorial galería, era a antiga botica de Barreiro; a segunda, seguindo de dereita a esquerda, era a casa coñecida popularmente como “Casa Cabezallas”. O terceiro edificio é a antiga fábrica de conservas de salgado, propiedade das familias Godoy Nartallos e Ribeiro. Por último, ao final da dúa, a coñecida como “Casa da Zapatilleira”.

Publicado en “O Val Miñor na Tarxeta Postal” (1999) de Salvador Fernández de la Cigoña Fraga. Editado pola Deputación de Pontevedra.

Anuncios