Anuncios
Ticker de novas

Rúa de Elduayen

Postal Nº A-45654 da Serie Unión Postal Universal co título “Bayona – Galicia – Calle de Elduayen”. A Rúa de Elduayen é a máis típica de Baiona e non podía faltar na serie de “El Universo” pois á fin e ao cabo é nesta rúa onde se atopa este establecemento.

En primeiro termo está a Casa de Barreiro, hoxe Hotel Pinzón. Nela viviu o enxeñeiro militar D. Manuel Barreiro Álvarez, primeiro piloto ferido da aviación militar e condecorado coa primeira laureada desa arma. O Sr. Barreiro, ferido xunto co seu compañeiro cando sobrevoaba o monte Cónico no Atlas marroquí, convaleceu nesta casa dunha grave doenza pulmonar que lle provocou a morte.

Serie “Unión Postal Universal” propiedade de “El Universo”

Atopámonos ante unha Serie realizada pola tenda de ultramarinos “El Universo”, situada no paseo de Elduayen. Ademais desta serie, este comercio editou outra. Son dúas series de grande tipismo, das cales a primeira está numerada, polo que podemos saber que se editaron polo menos quince postais; pola contra, da segunda é difícil saber cantas vistas tiña. Estas postais deberon editarse na segunda década do século. No anverso da primeira serie aparecía a lenda “Unión Postal Universal”, pero non así na segunda.

Publicado en “O Val Miñor na Tarxeta Postal” (1999) de Salvador Fernández de la Cigoña Fraga. Editado pola Deputación de Pontevedra.

Anuncios