Conferencia sobre o Alzhéimer e Enfermidades Neurodexenerativas en Baiona

Este venres, día 15 de novembro ás 19:00 horas, e dentro do ciclo de conferencias «Tempo de Saude» que o Colexio de Médicos de Pontevedra organiza en colaboración coa Deputación de Pontevedra, celebrarase no Museo da Casa da Navegación de Baiona a charla titulada “Alzhéimer e Enfermidades Neurodexenerativas”, impartida polo Dr. D. Juan José Sánchez Castro. Ademais do relator, asistirá tamén a Deputada Provincial de Cohesión Social Olga Mª García Ballesteros. Dende o Concello de Baiona e o departamento de Servizos Sociais, fan extensiva a invitación a todas as persoas interesadas nesta temática.