Anuncios
Ticker de novas

Bayona – Paseo de La Palma

Postal da Serie propiedade de “El Universo” baixo o título “Bayona – Paseo de La Palma”. Á esquerda desta vista da Palma podemos apreciar o hotel “La Palma”, No centro érguese o monumento de Ventura Misa, que é unha columna conmemorativa, idea de D. Melitón Suárez de Puga; amigo particular do Sr. Misa; a vila de Baiona adoptou esta idea e, en proba de gratitude, erixiu este obelisco para perpetuar a memoria deste ilustre baionés. Esta curiosa columna remata nun pedestal de base cuadrangular no que se pode ler unha inscrición que reza así:

Por D. Ventura Misa y Bertemati

BAYONA

Su pueblo reconocido goza este bello recreo. D. Melitón Suárez de Puga, su buen amigo, dedícale este monumento de eterna memoria. Sus coterráneos y amigos a Misa y Suárez aseguran gratitud sincera y leal afecto. El ayuntamiento agradecido concedió su autorización siendo presidente D. Pedro Colmenero. Año de 1862.

Serie Propiedade de “El Universo”

Esta é a segunda serie que coñecemos, propiedade de “Ultramarinos El Universo”. É unha serie da que descoñecemos o número de postais que a compoñen por non estaren numeradas.

Publicado en “O Val Miñor na Tarxeta Postal” (1999) de Salvador Fernández de la Cigoña Fraga. Editado pola Deputación de Pontevedra.

Anuncios