Anuncios
Ticker de novas

Concerto de Entroido no Auditorio Lois Tobío de Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O Auditorio Lois Tobío acolle este xoves 23 de febreiro ás 19:00 horas o Concerto de Entroido. O Coro e a Orquestra do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar e as Bandas Infantil e Xuvenil da Agrupación Musical de Vincios, serán os protagonistas despois de compartir unha semana de ensaios e convivencia, neste primeiro encontro que celebran xuntos. A entrada será gratuíta ata completar aforo.

Anuncios