Anuncios
Ticker de novas

Tres comparsas participan este domingo no I Certame de Coplas do Entroido de Gondomar

FOTO: COMPARSA ANIMODO

A Directiva do Centro Cultural e Veciñal (CCV) e a Comisión Organizadora do Entroido CCV Peitieiros 2017, convidan a veciñas e veciños a desfrutar do I Certame de Coplas de Entroido que se realizará, dentro do programa de actividades do Entroido de Gondomar, este domingo 19 de febreiro, na praza de Ángel Urzaiz (Gondomar) a partir das 12:00 horas, e que contará cun pasarrúas previo desde a Alameda de Gondomar.

Neste certame participarán, ademais da comparsa O Tourón, do propio Centro Cultural de Peitieiros organizador do evento, as comparsas Animodo de Domaio, representativa desta tradición do entroido no Morrazo, e máis a comparsa decana Os Tarteiras do Casco Vello, elemento imprescindible do entroido vigués.

Coa organización deste certame desde o CCV tentan contribuír á recuperación desta parte do entroido tradicional galego, o recitado ou cantado de coplas nas que contar os acontecementos do ano cunha mestura de crítica e humor. Animan a todo o mundo a participar do espírito do entroido.

Anuncios