Anuncios
Ticker de novas

Dous xogadores do CB Nigrán convocados a un CETI da Federación Galega de Baloncesto

FOTO: CB NIGRÁN

Dous xogadores do CB Nigrán foron convocados para o CETI (centro de tecnificación itinerante) organizado pola Federación Galega de Baloncesto por medio da súa delegación en Vigo.

Esta actividade desenvolverase en Redondela o vindeiro domingo día 19 e terá como obxectivo principal detectar a aqueles xogadores que teñan posibilidades de formar parte das Seleccións Galegas para a próxima tempada 2017/2018.

Os dous xogadores, Álex e Agustín, son integrantes do equipo Alevín do CB Nigrán aínda que son convocados tamén cada fin de semana co equipo Infantil para axudarlles na súa progresión como xogadores.

Ambos proceden das escolas deportivas que o CB Nigrán ten no CEIP Carlos Casares na que se formaron un ano e onde cursan os seus estudos. Hai dúas tempadas decidiron dar o paso a federarse e formar parte dos equipos do club.

Trátase dunha excelente noticia para o CB Nigrán que vén reafirmar a excelente tempada que está a levar a cabo o club tanto no número de xogadores e xogadoras como no que a resultados deportivos refírese. O equipo Alevín, de cal forma parte Álex e Agustín, mantense por agora invicto e primeiro na liga, o equipo infantil feminino clasificouse terceiro na primeira fase pasando ao primeiro grupo, onde pelexan do primeiro ao sexto posto, e o resto de equipos competindo tamén desde diferentes postos na metade da táboa. E todo iso sen descoidar o traballo de formación de base dos seus xogadores e xogadoras, así como das escolas deportivas que teñen nos diferentes colexios ou a organización de eventos deportivos como o Torneo Basket sen Barreiras do que están a preparar xa a súa III edición.

Anuncios