Anuncios
Ticker de novas

Un Premio Grammy cunha parte de Nigrán

FOTO: CRISTINA PATO

Cristina Pato levouse un Premio Grammy, e fíxoo cun traballo no que participou Roberto Comesaña, acordeonista veciño da parroquia de Priegue, en Nigrán.

Sing Me Home, o último álbum de Yo-Yo Ma e o Silk Road Ensemble, banda á que pertence a ourensá, foi premiado co Grammy ao Mellor Álbum de World Music. O álbum conta coa participación dos músicos galegos e membros de Rústica Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña, que Cristina levou ao Silk Road para gravar Cabaliño, un novo arranxo desta fermosa canción tradicional galega.

O acordeonista nigranés non é o único artista que saíu de Priegue, destacan outros como o gaiteiro Pedro Fariñas (Transilvanians, Zamaramandi, TRIM…), Gabri Reigosa, cantante e líder de Dakidarría, ou o guitarrista David Rusell.

Anuncios