Anuncios
Ticker de novas

Unha vitoria, dous empates e dúas derrotas para o Club Laroca na terceira xornada de liga

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Este sábado 11 de febreiro tivo lugar a terceira xornada da liga galega de xadrez na que o Club Laroca de Nigrán obtivo unha vitoria (IES Auga da Laxe), dous empates (Laroca A e Laroca B) e dúas derrotas pola mínima (Laroca C e Mallón).

No grupo C da primeira división, o Laroca A conseguiu, tras unha endiañada loita sobre os taboleiros, un meritorio empate contra o Knobbe Cafetería & Marín A, o que o coloca na metade da táboa con 6,5 puntos. Os dous puntos foron conseguidos por Mireya no taboleiro 1 e Tino no 2.

No grupo E da segunda división, o Laroca C logrou 1,5 puntos contra o Mosefesa & The Wailers, equipo que ocupa nestes momentos a segunda posición do grupo con 8 puntos. Estes 1,5 puntos da xornada sitúaos no posto oitavo da táboa, puntos conseguidos gracias á vitoria de Artai gañando no segundo taboleiro e ás táboas de Jorge no cuarto.

Tamén no grupo E da segunda división o Laroca B desprazouse a Vilagracía e logrou un empate contra o CXF Pub Musaraña que ocupaba a primeira posición, grazas ás vitorias de Patricio no primeiro taboleiro e de Paco no cuarto. Este resultado mantén ao equipo fóra dos postos de descenso.

No grupo I da terceira división deuse o mellor resultado da xornada para a familia Laroqueira. O IES Auga da Laxe conseguiu unha vitoria por 4-0 contra o Vila de Bouzas C, o que os coloca á cabeza da clasificación con 10,5 puntos. Vitorias de Pablo, Ana, Hugo e José Manuel.

Doutra banda, o Mallón desprazouse a Vigo para enfrontarse ao equipo da ONCE onde conseguiron 1,5 puntos, o que os sitúa en metade da táboa. Destacar a vitoria da gran Sara, que subiu do equipo Promesas IES Auga da Laxe de cuarta división, e as táboas que conseguiu Mauro contra a experimentada Carmen.

LAROCA C

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Anuncios