Anuncios
Ticker de novas

A Garda Civil desmantela un invernadoiro de marihuana no sur da provincia

FOTO: GARDA CIVIL

A Garda Civil desmantelou este fin de semana unha plantación de marihuana no municipio do Rosal. Durante a operación practicouse un rexistro nun invernadoiro onde se interviñeron un total de 42 quilos de cogollos secos preparados para o seu consumo e 28 quilos de marihuana, cos correspondentes medios técnicos que requiren este tipo de instalacións.

As investigacións iniciáronse a finais do pasado ano cando a Garda Civil ten fundadas sospeitas de que nunha nave, que podería estar situada na zona do Rosal, estaríase a realizar un cultivo de marihuana de tipo “indoor” e que, probablemente, fóra distribuída na localidade de Vigo e mesmo exportada a algún país estranxeiro.

As pescudas realizadas polo Equipo de Investigación da Garda Civil de Tui, en colaboración cos efectivos do Posto da Guarda permitiron situar a nave nunha parroquia do municipio do Rosal e, ademais, tamén foron decisivas para confirmar as sospeitas, suficientemente argumentadas, para que o Xulgado de Instrución Nº 3 de Tui librase mandamento de entrada e rexistro.

No rexistro, a Garda Civil comprobou que a nave, un antigo taller mecánico que leva pechado desde hai bastante tempo, atopábase dotada de todos os medios técnicos necesarios para este tipo de cultivos, cunha importante cantidade de elementos mecánicos e eléctricos suficientes para procurar a ventilación, refrixeración e temperatura adecuada para estes fins, cuxo valor pode superar os 40.000 euros.

No interior interviñéronse un total de 42 quilos de cogollos secos, preparados para o seu consumo, 28 quilos de marihuana tamén seca, ademais de 28 condensadores eléctricos, lámpadas e fertilizantes.

A nave atopábase compartimentada en tres espazos diferenciados onde levaban a cabo as diferentes etapas do cultivo, estimando que tiña un potencial de produción dunhas 800 plantas en cada colleita.

Como único responsable, ata o momento, a Garda Civil procedeu á identificación da persoa que tiña alugado esta nave, A.P.A., de 31 anos, veciño de Vigo, a quen se lle investiga como suposto autor dun delito contra a saúde pública e outro de defraudación do fluído eléctrico, tendo en conta que esta persoa estaba a utilizar a rede pública para abastecerse da corrente que se utilizaba no interior da nave.

Anuncios