Martín Otero repite como presidente da Asociación de Veciños Castro e Ladeira

FOTO: CASTRO E LADEIRA

Este domingo 12 de febreiro ás 12 do mediodía foi elixida a Xunta Directiva da Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís, nunha sesión celebrada no Salón da Actos do colexio da parroquia.

Martín Otero Clemente repite como presidente do colectivo, xunto con Emilio Domínguez González como vicepresidente. Delia López Custa ocupará o cargo de secretaria e Alicia Rouco Baz o de tesoureira. Isabel Valverde Fernández, José Luis Trigo Bouzada e Laura Vilas Trigo serán vocais.

Entre os obxectivos para o próximos catro anos están conseguir o Centro Social no Mercado de Abastos, potenciar a Casa Rosa e seguir defendendo os intereses dos veciños. A nivel cultural coa mesma axenda activa e as actividades de música tradicional, inglés para adultos, labores, cestería, zumba, pilates, bailes de salón, intelixencia emocional e outros obradoiros.

A nivel social, seguirán colaborando co Banco de Alimentos e celebrando a Xuntanza Discapaci-Quad.