Anuncios
Ticker de novas

Mireya Represa e Ana Fernández, seleccionadas para as Xornadas de Tecnificación da FEDA

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Este fin de semana celébrase a terceira xornada de liga de xadrez, onde o Club Laroca de Nigrán participa con cinco equipos.

O equipo de primeira división desprazarase a Marín para xogar contra o Knobbecafetería & Marín A, cuarto clasificado a só medio punto do equipo nigranés.

Na segunda división xornada complicada para os equipos Laroqueiros, o equipo do Laroca B desprazarase a Vilagarcía para enfrontarse ao actual líder da categoría, o CXF-Pub Musaraña, mentres que o Laroca C enfrontarase en Mallón ao equipo vigués de Mosefesa & The Wailers, que ocupa a segunda posición.

Na terceira división o equipo do Laroca Mallón desprazarase a Vigo para enfrontarse ao sempre difícil equipo da Once, mentres que o equipo do Laroca IES Auga da Laxe defenderá a segunda posición na clasificación ante o equipo do Villa de Bouzas C.

Por outra banda as xogadoras Mireya Represa e Ana Fernández foron seleccionadas pola Federación Galega para as Xornadas de Tecnificación Deportiva que organiza ao longo do 2017 a Federación Española de Xadrez.

Anuncios