Anuncios
Ticker de novas

Porto do Molle sumará 106 empresas e 600 empregos coa chegada de SERVALCI, S.L.

Nun esforzo investidor o Comité Executivo da Zona Franca aprobou na súa reunión de hoxe diversas obras e servizos que en total suman un valor de 7.124.000 euros. Teresa Pedrosa destacou que coa posta en marcha destes proxectos certifícase que o Consorcio está a redobrar os seus esforzos por seguir sendo o principal axente dinamizador da área de Vigo.

Respecto de Porto do Molle, aprobouse a venda por 188.307 euros da parcela 9.06 de 1.543 metros cadrados a SERVALCI, S.L. empresa de reparacións navais que ten unha filial en Namibia desde onde dá servizo á frota que traballa nos caladoiros de pescada de África. Con esta nova empresa, que trasladará ao parque nigranés as instalacións que agora ten en Gondomar, Porto do Molle xa suma 106 empresas instaladas e o seu emprego achégase ás 600 persoas.

De importancia para a xestión diaria de Porto do Molle hoxe tamén se adxudicaron os servizos de seguridade e vixilancia do parque, así como os de limpeza dos diferentes edificios que son propiedade do Consorcio (40 naves e talleres, Centro de Negocios e edificio Aeroespacial).

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.