Anuncios
Ticker de novas

Obrigada a sacrificar 120 vacas polo rexeitamento dos comuneiros de Baíña

Diana Pino naceu en Baiona e vive en San Cosme, na parroquia de Baíña, en “Cuatro Pinos”, como chama á súa casa e explotación agraria.

“Como ben di o xuíz, vivo nun lugar ‘notoriamente inhóspito: alto do monte, absoluto illamento e dificultade de acceso rodado, sobre todo no inverno’, pero é o meu fogar”, asegura.

Desde 2008 leva en litixios coa Comunidade de Montes de Baíña, a cal lle nega o dereito para ser comuneira. “Fíxenme autónoma agraria en 2001 e en 2005 mudeime e empadroei no monte onde instalei a miña explotación gandeira”.

Tanto o arquitecto do Concello de Baiona como a Comisión de Medio Ambiente deron o visto e prace á vivenda e á explotación gandeira, pero cando solicitou formar parte da Comunidade de Montes de Baíña, onde reside e ademais leva a cabo a súa actividade, ambos os dous requisitos para ser admitida, foi rexeitada co argumento de que non vive nesa vivenda, “e ameazáronme cunha demanda se non cesaba a miña actividade, o que sucedeu finalmente”, engade.

O Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo deu a razón á Comunidade de Montes en dúas ocasións e a condena para cesar a actividade gandeira, o cal levará, no caso de que a Audiencia Provincial de Pontevedra ditamine que teñen razón, a sacrificar as 120 vacas.

“Gústanme as vacas, sei manexalas, coñezo os seus crotais, cada unha ten un nome e unha personalidade distinta, sinto paixón desde pequena polas vacas e é non sabedes o difícil que resulta atopar a unha muller gandeira que exerza”, destaca Diana.

“De feito, o meu traballo é de mecánica nun taller polo día, as vacas non dan para vivir, e ao acabar a xornada regreso á súa casa “Cuatro Pinos” onde me esperan todas elas”.

Diana pide axuda para que a Comunidade de Montes de Baíña dea o seu brazo para torcer e acéptenlle a ela e ás súas vacas. Para iso iniciou unha campaña de recollida de firmas a través de change.org, na que xa conta con máis de 400 apoios.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.