Baisenpulgas participa na manifestación “No a la caza” celebrada en Pontevedra

FOTO: BAISENPULGAS

A Plataforma «No a la Caza» con galgos e outras razas (Plataforma NAC) celebrou este domingo manifestacións simultáneas en 25 cidades españolas, entre elas Pontevedra, ás que se sumaron máis de cen asociacións de todo o país, como a Protectora de Animais. Membros da asociación miñorana participaron na marcha da cidade do Lérez, que partiu ás 12:00 do mediodía desde a Praza de España.

Un ano máis, coincidindo co fin de tempada da caza con galgo, reclamaron un rotundo non á caza, «porque nin galgos, nin podencos, nin ningún outro animal merece sufrir por simple diversión humana».

Ata agora, nunca tantas cidades habíanse unido para defender os dereitos dos animais, Segundo a Plataforma NAC, miles de cans son abandonados ao ano en toda a xeografía española vítimas da caza. Razas como os galgos, podencos, bracos, pointers, entre outros, son utilizados como ferramentas e refugados, unha vez termina a tempada de caza.

A Plataforma NAC é unha asociación sen ánimo de lucro, apartidista, aconfesional e antiespecista cuxo obxectivo fundamental é concienciar e promover o respecto e os intereses individuais dos animais non humanos, especialmente aqueles relacionados coa caza, así como facer valer e ampliar os seus dereitos.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.