Baiona reúne este fin de semana ás mellores raquetas do bádminton nacional

O Pavillón Municipal de Baiona acolle este fin de semana a última xornada da Liga Nacional de Bádminton na que un total de 16 clubs e uns 150 xogadores de toda España loitarán por decidir o título e as prazas de permanencia na categoría.

Esta última xornada da Liga Nacional comezará o sábado (de 12:30 a 21:30 horas) e disputarase durante todo o día con enfrontamentos entre todos os equipos ao mellor de sete partidos. O domingo a competición comezará ás nove da mañá e terminará ás 12:30 horas, cando está prevista a entrega de premios.

Ao evento acoden clubs de Andalucía, Asturias, Baleares, Cataluña, Madrid, Navarra, Valencia e Galicia. Por parte galega, o Club Bádminton A Estrada é o actual líder da competición, polo que se xogará o título ante o Caser Clear Madrid, segundo clasificado con tres puntos menos. O outro participante galego, o Club Bádminton As Neves, é o organizador desta última xornada da Liga Nacional e deberá loitar por conseguir a permanencia.

 

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.