Anuncios
Ticker de novas

Exitoso inicio dos cursos de inglés para o sector turístico de Baiona

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, acudiu este xoves á apertura dos Cursos de Inglés para o Sector Turístico que se impartirán durante o próximo mes na Casa do Reloxo. Cunha grande afluencia de alumnos, os cursos impartidos por Mark Auchincloss xa teñen completo a cota da quenda da tarde, aínda que existe algunha praza vacante pola mañá.

A Concellería de Turismo de Baiona abriu este xoves o Curso de Inglés para Traballadores do Sector Turístico que ten como obxectivo xeral que os participantes sexan capaces de manter unha conversa en inglés no seu ámbito de traballo. O curso é gratuíto e faise coa colaboración da Zona Franca.

“Esta Concellería ten, como un dos seus piares principais, o traballo en pro da calidade turística e da mellora continua para poder ofrecer un servizo que supere as expectativas dos nosos turistas e visitantes. Por iso, consideramos prioritario mellorar a formación da atención ao público en inglés, xa que nos últimos anos aumentou a chegada de turistas estranxeiros, sobre todo, peregrinos”, apuntou Beatriz González, concelleira de Turismo.

O curso, que se celebrará do 2 de febreiro ao 2 de marzo (os xoves 2, 9, 16 e 23 de febreiro e 2 de marzo), terá unha duración de 10 horas e oferta un total de 30 prazas. A Casa do Reloxo, onde se sitúa o viveiro de empresas (Rúa do Reloxo), acollerá o curso, que inclúe dúas convocatorias en horario de mañá (9:30 -11:30 horas) e tarde (17:00 – 19:00 horas).

Os obxectivos específicos do curso son a expresión e interacción oral para facer e responder preguntas sinxelas sobre a vida cotiá, a comprensión oral para deletrear palabras básicas, comprender palabras e expresións moi básicas sobre eles mesmos, as súas familias e o seu entorno, falando amodo e con claridade; a expresión e interacción escrita para poder escribir unha breve nota sobre o seu traballo, encher formularios con datos persoais, e a comprensión escrita de nomes, palabras e frases moi sinxelas, por exemplo en letreiros e carteis.

As persoas interesadas poderán solicitar praza ata o martes, 31 de xaneiro, e as persoas interesadas en participar na convocatoria deberán presentar a solicitude de inscrición, debidamente cumprimentada e asinada, no rexistro de entrada do Concello de Baiona de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, xunto coa fotocopia do DNI, copia do contrato laboral, certificado de empresa ou nómina e vida laboral actualizada.

Máis información a través do Departamento de Turismo de Baiona, no teléfono 986 38 59 24 ou no enderezo de correo turismo@baiona.org.

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.