Anuncios
Ticker de novas

A Xunta traballa para arranxar os problemas causados polo temporal nas estradas

FOTO: VIGOE.ES

A Xunta de Galicia traballa para arranxar o antes posible os problemas causados polo temporal nas estradas galegas. Concretamente, contabilizáronse 85 puntos na rede autonómica con incidentes pola situación meteorolóxica, entre as 21:00 horas de onte e as 8:00 da mañá de hoxe.

Durante a noite, cortouse a PO-552 entre Baiona e o final da AG-57, por mor do oleaxe na zona. Por outra banda, recibíronse 73 avisos de caída de árbores e as estradas máis afectadas foron a PO-340 (pq 19+500), na que houbo un pequeno desprendemento con pedras na gabia, sen afección ao tráfico; a PO-244 (Ponte Caldelas (PO-255)-Soutomaior), con 5 árbores caídos; a PO-400 Salvaterra (PO-403) – Filgueira (PO-801), con outros 5 árbores derrubados; e no punto quilométrico 15+700 da PO-510 (Atios (N-550) – Salvaterra (PO-400)) tamén se viu afectada pola caída de vexetación á vía.

Os técnicos pertencentes ao Programa de Conservación Integral que está desenvolver a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) mobilizáronse para garantir a circulación en condicións de seguridade nas estradas de titularidade autonómica.

As previsións meteorolóxicas prevén que as dificultades se manteñan, polo que é necesario facer un chamamento á precaución na circulación, e a axeitar a velocidade ás condicións meteorolóxicas en cada momento, especialmente na noite.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.