Anuncios
Ticker de novas

A Garda Civil neutraliza un proxectil atopado no soto dunha vivenda

FOTO: GARDA CIVIL

Os especialistas TEDAX do Servizo de Desactivación de Artefactos Explosivos da Garda Civil da Comandancia de Pontevedra recolleron en Ponteareas un proxectil de uso militar, de similares características aos utilizados na guerra civil española.

O artefacto foi localizado no soto dunha vivenda no municipio de Ponteareas cando o propietario do inmoble, que o comprara recentemente, dispoñíase a realizar unha serie de obras de remodelación na casa.

Ao comunicar o achado no cuartel da Garda Civil da súa localidade, activouse o protocolo de actuación por parte dos TEDAX da Garda Civil para a remoción e neutralización do proxectil, cuxas tarefas se desenvolveron sen incidentes, coas previdas medidas de seguridade e protección. Proximamente, unha vez concluídos os correspondentes informes técnicos do artefacto, procederán á súa total destrución.

O equipo TEDAX que acudiu a Ponteareas confirma que se trata dun proxectil de uso militar, dun calibre moi pouco común (203,3 mm.) e de fabricación nacional, de case un metro de lonxitude e 116 Kgs., de peso. Ao parecer, este tipo de munición soamente utilizábana os canóns que montaban exclusivamente os buques de guerra da Armada Española do tipo “Canarias”.

Os Técnicos Especialistas en Desactivación de Explosivos da Garda Civil lembran que a forma de actuar ante o achado dalgún artefacto explosivo consiste en non tocar, nin manipular o obxecto e avisar de inmediato á Garda Civil a través do teléfono 062.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.