A Garda Civil incáutase dunha partida de roupa e bolsos falsificados valorada en máis de 7.000 €

A Garda Civil incautouse de algo máis de medio centenar de camisetas de equipamentos deportivos e 25 bolsos, presuntamente falsificados, nun control de vehículos que se realizou na peaxe de Vilaboa.

Os feitos sucederon no transcurso dun dispositivo preventivo de seguridade cidadá integrado por efectivos da Garda Civil da Compañía de Pontevedra e do Destacamento de Tráfico de Vilaboa, para controlar de forma aleatoria os vehículos que circulaban pola AP-9, sentido Tui.

Sobre as 18:00 horas interceptouse no control unha furgoneta que transportaba 65 camisetas deportivas e 25 bolsos, con etiquetas aparentemente falsas de recoñecidas marcas comerciais, supostamente destinadas para a venda.

Ao comprobar os compoñentes do dispositivo que o condutor do vehículo, un cidadán de nacionalidade senegalesa, residente en Vigo, carecía da correspondente factura de compra das pezas, así como da preceptiva autorización das marcas rexistradas afectadas, procedeuse á incautación preventiva de todas as pezas, cuxo valor no mercado supera os 7.000 €.

Ao mesmo tempo, instruíronse dilixencias por un presunto delito contra a propiedade industrial, que foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Cangas.

2017-02-02-ropa-bolsos-peaje-vilaboa-ii-001

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.