
O Erizana Club de Fútbol de Baiona organiza este venres día 3 de febreiro ás 19:00 horas unha xornada formativa sobre «Preparación Física no Fútbol Base». Desenvolverase no Salón de Actos do CPI Covaterreña.
A entrada é libre para todos aqueles interesados en ampliar os seus coñecementos e disipar as súas dúbidas. Na mesma haberá unha comparativa co fútbol base chino.
Os relatores serán Javier Misa Álvarez -preparador físico do Erizana C.F., LCCAFD, Máster en Biomecánica do Exercicio, Adestrador UEFA B e preparador do equipo ciclista Guerciotti Redondela- e Abel Lorenzo Agras -LCCAFD, Adestrador UEFA A e coordinador e adestrador na Lama Academy (China)-.
Be the first to comment