Anuncios
Ticker de novas

Nigrán Decide vai impulsar o proxecto da nova biblioteca ante a parálise do goberno socialista

Nigrán Decide convocou a todos os grupos municipais que forman parte da Corporación para impulsar a nova biblioteca de Nigrán, ante o bloqueo e a parálise do goberno municipal con relación a este tema. Cómpre destacar que o pleno celebrado en decembro de 2015 acordou por unanimidade crear unha comisión para decidir sobre o futuro da biblioteca, sen que o actual goberno convocase nunca a todos os integrantes, xa que a ningunha das dúas reunións foron convocados nin o arquitecto municipal nin persoal da biblioteca.

Dita comisión, da que forman parte todos os grupos municipais, o arquitecto municipal, bibliotecarios e un representante do foro “Nigrán para todos”, tiña por obxecto que antes do mes de xullo do ano 2016 se definisen as características e dimensións que debe ter a futura biblioteca de Nigrán, así como os servizos que debe prestar e o emprazamento.

As únicas actuacións coñecidas do Goberno municipal con relación ao tema da biblioteca foron sacarse unha fotografía que acompañaron a unha nota de prensa con falsidades. Ademais, o goberno municipal tardou máis de 5 meses en facilitar aos grupos municipais parte dos informes técnicos solicitados polos grupos municipais sobre as características urbanísticas dos posíbeis lugares para emprazala, poñendo de manifesto o seu escaso interese polo tema.

“O goberno está paralizado polo medo á toma de decisións que poidan resultar polémicas”, sinala José Cuevas, voceiro de Nigrán Decide, para continuar afirmando que “o noso grupo municipal si vai asumir a responsabilidade de tratar de consensuar un proxecto estratéxico para Nigrán como son o emprazamento e as características da nova biblioteca de Nigrán”.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.