Anuncios
Ticker de novas

A Arribada 2017 estará dedicada aos alcaldes de Palos de la Frontera falecidos a pasada fin de semana

O Concello de Baiona espertou este luns coa mala nova do falecemento de dous dos alcaldes de Palos de la Frontera (Huelva), Pilar Pulgar e Urbano Cortegano, que máis fixeron polo irmandamento con Baiona e polo impulso do feito colombino como nexo de unión entre as dúas vilas.

O goberno local remitiu unha carta de pésame ás dúas familias en nome de toda a Corporación Municipal de Baiona e expresou tamén de forma oficial ao Concello de Palos de la Frontera a súa dor pola perda. De forma inmediata o Concello decidiu dedicar a Festa da Arribada 2017 aos dous alcaldes e brindarlles unha homenaxe na próxima edición da que celebrarase entre o 3 e o 5 de marzo.

“Co pasamento de Pilar Pulgar e Urbano Cortegano marchan dúas das persoas que loitaron pola defensa do feito colombino como nexo entre Baiona e Palos, o seu traballo quedará sempre na memoria de todos os veciños e grazas ao seu empeño puido celebrarse o V Centenario do Descubrimento de América”, afirmou o alcalde, Ángel Rodal.

Entre os proxectos levados a cabo no V Centenario do Descubrimento de América atópanse a construción da carabela “La Pinta” e do IES Primeiro de Marzo, o Monumento Encontro entre Dous Mundos, a reforma da Casa do Concello e a praza, así como a compra da Finca Carbajal onde agora existen os xardíns da Casa-Museo da Navegación. O V Centenario foi celebrado en Baiona coa visita dos Reis de España.

Pilar Pulgar morreu o sábado aos 86 anos de idade e pasará á historia de España como a primeira alcaldesa da democracia. Foi deputada provincial, deputada no Congreso, parlamentaria andaluza e presidenta da Comisión de Reglamento na Asamblea Parlamentaria do Consello de Europa. Rexedora de Palos de la Frontera no primeiro mandato da democracia (1979-1983), repetiu como alcaldesa en dúas ocasións máis (1987-1991 y 1991-1995).

Pola súa banda, Urbano Cortegano, tamén falecido o pasado fin de semana, foi o alcalde que firmou en agosto de 1975 o Irmandamento entre Palos de la Frontera e Baiona, e hasta 1979 converteuse, xunto co alcalde baionés Celso Carneiro, nun dos principais impulsores do feito colombino.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.