Anuncios
Ticker de novas

Gondomar entra no Transporte Metropolitano e pide á Xunta un servizo interparroquial

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, levará ao próximo pleno o convenio de Transporte Público Metropolitano para os tres próximos anos.

O importe do gasto estimado neste plan de transporte é de 27.902 € o primeiro ano; 28.878 € o segundo ano; e 29.889 € o terceiro. Coa entrada de Gondomar no Transporte Metropolitano cada veciño aforrarase 7,35 € á semana no percorrido entre Gondomar e Vigo; xa que actualmente o prezo do billete é de 1,90 €. No caso das viaxes desde outros puntos do municipio o aforro é maior xa que desde Morgadáns o prezo do billete actual a Vigo é de 2,15 €; desde Peitieiros 2,55 € e desde Couso 2,75 €; pasando a valer cada un dos percorridos de 0,85 € coa entrada de Gondomar no TMG. Ademais, o convenio asinado beneficiará especialmente aos mozos menores de 19 anos, que en Gondomar son case 3.000, permitíndolles realizar ata 60 viaxes intermunicipais gratis.

Segundo Ferreira, o goberno municipal está a estudar a implantación dun servizo de transporte público interparroquial dentro do propio municipio de Gondomar, consistente en establecer un servizo periódico e itinerante polas distintas parroquias do concello e o centro do centro urbano, para establecer unha maior conexión e mobilidade transversal entre os veciños de cada parroquia co centro urbano e viceversa; de maneira que os gondomareños teñan maior mobilidade xeográfica dentro do propio concello, ademais de permitirlles así, realizar os enlaces pertinentes co transporte público supramunicipal. A tal obxecto, Ferreira espera obter unha resposta satisfactoria que dea vía libre á implantación deste novo servizo, formalizando un convenio bilateral entre ambas as administracións publicas en igualdade de condicións que outros concellos da Área Metropolitana, bonificado un 80%, pola Xunta de Galicia e en 20% polo concello.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

error: Contido protexido