
A Sociedade Atlética Val Miñor conseguiu este domingo o terceiro posto na categoría Júnior Masculina no LXXXII Campionato de Galicia de Campo a Través celebrado no Circuíto da Área Recreativa de “A Veronza” do Concello de Ribadavia.
O evento, que contou coa organización do Concello de Ribadavia, Xunta de Galicia e Club Deportivo Aurum, está integrado dentro do II Circuíto Galego de Campo a Través integrado por sete carreiras do circuíto autonómico.
Do equipo miñorano con sede en Gondomar participaron na carreira Júnior Masculina, de 7 km aproximadamente, os atletas Miguel Táboas Rivas (5º), Víctor Álvarez Fariña (12º), Jose Villar Corrales (16º), Daniel Fernández-Arroyo Watson (17º), Pablo Figueroa Comesaña (25º) e Anxo Fernández Vicente (26º). Por equipos, a Sociedade Atlética Val Miñor conseguiu a medalla de bronce con 35 puntos, por detrás do Lucus Caixa Rural Galega con 29 e o S.G. Pontevedra con 18, prata e ouro respectivamente.
Con este campionato a nosa comunidade desenvolveu o acontecemento atlético máis importante da especialidade que terá a súa continuidade o vindeiro día 3 de marzo coa celebración do Campionato de España en Xixón, para a liña seguida continuar coa gran cita internacional da tempada, como son os Campionatos do Mundo da especialidade que este ano terá na capital ugandesesa de Kampala, o seu país organizador.
Be the first to comment