A Concelleira de Deportes de Baiona, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou esta mañá unha visita ao Campus de Tenis que se vén celebrando durante esta semana nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes, o Colexio Cova Terreña e o campo de fútbol do Aral, en horario de 10:00 a 14:00 horas, coa opción de poder deixar aos participantes ás 9:00 por motivos de conciliación familiar.
O XIII Campus de Tenis conta coa colaboración do Club de Tenis Baiona. Durante o transcurso do mesmo, desde este luns 24 de xuño ata este venres 28, o alumnado tivo unha toma de contacto con esta disciplina, baixo a guía de Carlos García Denis, titulado pola RPT (Rexistro Profesional de Tenis) e adestrador do Club Tenis de Baiona, que xunto aos demais monitores encargáronse das actividades.

