O Turonia Gondomar Fútbol Gaélico organiza do 22 ao 26 de xullo o seu IV Campus de Verán de Fútbol Gaélico, que se desenvolverá de 9:00 a 14:00 horas no Campo de Fútbol de As Gaiandas. Está dirixido a nenos e nenas nacidos entre 2009 e 2016. As inscricións, cun prezo de 40 euros, poden formalizarse no teléfono 648538649 ou no correo turoniansvalminhor@gmail.com.
O fútbol gaélico é un deporte minoritario orixinario de Irlanda. En Galicia existen 12 clubs, con equipos de adultos masculinos e femininos, existe tamén un club centrado en exclusiva na canteira. Para promocionar dito deporte, desde “Gaélico Escolas” se están a realizar distintas actividades en centros educativos para poder crear unha liga galega infantil.
Este ano dita promoción foi un éxito, podéndose organizar un torneo internacional en Vigo onde o Turonia participou como club. Tamén participaron outros 4 equipos representantes galegos e 2 irlandeses. Para seguir con esta labor, dar a coñecer dito deporte e os seus valores salientables e axudar á conciliación familiar o club Turonia Gondomar Fútbol Gaélico pretende organizar o IV Campus de Verán de Fútbol Gaélico.

