Hoxe, día 26 de xuño, o Centro Juan María – Asociación La Esperanza del Valle Miñor celebrará o seu 40 aniversario cos socios/as da entidade cun cóctel no Pazo de Cea. 40 anos de historia, de perseveranza, de desafíos, de logros e sobre todo de momentos.
O 11 de xaneiro de 1984, Sor Rosario, Gloria Fernández, acompañada por outras 14 persoas fundaron a Asociación La Esperanza del Valle Miñor, inicialmente co fin de crear un colexio para persoas con discapacidade. Grazas á Mancomunidade de Montes de Parada, que cedeu o “Monte das Agullas”, comezouse a construír o Centro Educativo.
En 1987 abríronse as primeiras aulas do centro educativo e a partir de aí a entidade foi crecendo. Primeiro as aulas educativas e cando as nenas e nenos fixéronse maiores, creouse o Centro Ocupacional e posteriormente o Centro de Día. A parte máis importante deste proxecto son as persoas usuarias e as súas familias, que demostraron durante estes anos coa súa valentía, determinación e alegría o que significa superar barreiras e alcanzar metas.
Durante todos estes anos, teñen moitas experiencias, vivencias, emocións e fitos…. Para lembralos ou coñecelos, presentan a exposición de pintura e fotografías “Sumando Soños”, que estarán no Auditorio de Nigrán (do 1 ao 15 de xullo), no Centro Neural de Gondomar (do 16 ao 30 de xullo) e no Multiusos Mercado de Sabarís – Baiona (do 16 ao 30 de setembro).
No evento desta tarde tamén homenaxearán a José Santoro Pumarega, o seu presidente que, tras 24 anos, deixa o cargo. Como presidente foi o gran embaixador da entidade, buscando os recursos e apoios das persoas que podían contribuír á mellora do Centro.

