Sin categoría

Baiona acolle o Campionato Galego de Fútbol 7

O vindeiro sábado día 29 de xuño, durante toda a xornada, celebrarase en Baiona o Campionato Galego de Fútbol-7 Non Federado, nas Instalacións Municipais do Aral. Con participación de equipos de Vigo e a súa comarca e da Coruña, declinando a invitación os equipos de Ferrol e Santiago de Compostela. Contan para este evento coa inestimable colaboración do Concello de Baiona, que como en anteriores ocasións brindan todo o seu apoio. A organización agradece de antemán a participación de todos os compoñentes dos equipos e os seus acompañantes.