Sin categoría

Bolos Camos proclámase subcampión de España de bolos celta por equipos de 2ª categoría

Este pasado fin de semana celebrouse o Campionato de España de bolo celta de 2ª categoría nas canchas da Casa de Cultura de Camos (Nigrán). Este campionato pechaba os distintos Campionatos de España celebrados durante o mes de setembro, e nel participaron un total de 8 equipos.

Tras unhas disputadísimas fases de clasificación, o equipo de L´Acabose de Tineo (Asturias) proclamouse campión. O equipo subcampión foi Bolos Camos de Camos-Nigrán, mentres que o terceiro clasificado foi Bahinas A de Tineo (Asturias). O equipo San Miguel de Peitieiros de Gondomar terminou como cuarto clasificado.

Ademais destes catro equipos participaron Los Serenos de Asturias (5º), e os galegos Iniciadora (6º), Forcadela (7º) e Ribatra (8º).

Desde a Federación Galega, agradecen o exemplar comportamento deportivo e persoal de todos os xogadores participantes.