Sin categoría

Alberto Meira sufriu o seu primeiro abandono en case tres anos no Comarca do Carballiño

O equipo AMF Motorsport afrontaba unha nova cita do Campionato Galego de Rallyes, o do Carballiño, cuns dos tramos máis bonitos de toda a tempada, e onde o Supercampeionato Galego R5 non puntuaba, polo que a única pretensión era estar o máis preto do triunfo absoluto a pesar de enfrontarse a un WRC e varios R5.

Con todo, a aventura foi breve, e tras marcar o segundo mellor crono no tramo urbano que abría o rallye durante a tarde do venres, Alberto Meira cometía un pequeno erro na primeira especial do sábado, quedando o Fabia R5 empanzado na cuneta, sen danos. A pesar do esforzo dos afeccionados por devolver o vehículo á estrada, o tempo perdido era xa de máis dun cuarto de hora, optando pola retirada.

Este é o primeiro abandono do equipo en case tres anos (Sur do Condado 2021), e o primeiro co Fabia R5, o cal dá unha idea da fiabilidade do equipo en todo o seu conxunto, onde a mecánica conséntese ata o último detalle.

Aínda que foi unha fin de semana para esquecer, Meira si tiña algo que celebrar: “Desde logo foi unha mágoa este abandono por un erro tan absurdo, pero por contrapartida estou moi orgulloso do triunfo do equipo na Dacia Eco Cup Galicia co gañador do Volante Deputación de Pontevedra, Yago Martínez, ao volante. Sen dúbida é un gran orgullo axudar a un novo piloto da provincia sen experiencia previa a que dea os seus primeiros pasos nos rallyes e na súa segunda carreira consiga o triunfo nunha copa de promoción”.

A próxima cita para o equipo AMF Motorsport será o Rallye Sur do Condado, onde regresará o Supercampionato Galego R5, e que se celebrará o 12 e 13 de xullo.