A pista de baloncesto do Centro Cultural presentaba un deterioro moi importante e que o Concello da Guarda acaba de reformar. A petición chegou por parte do Club de Baloncesto BMB para mellorar o estado da pista. Tras un investimento de 17.000€ renováronse as canastras, a pista e as bancadas. Esta é a primeira fase para unha mellora e acondicionamento das zonas de ocio e deporte do exterior do Centro Cultural.
A Guarda remata a reforma da pista do Centro Cultural



