Gondomar proxecta “La, la, land” no ciclo “Cine na Rúa”

Este mércores 25 de xullo ás 22:30 horas proxectarase a película “La, la, land” no Parque Ponte das Rosas de Gondomar, dentro do programa Cultura de Verán 2018 organizado pola Concellería de Cultura. Mia (Emma Stone), unha nova aspirante a actriz que traballa como camareira mentres acode a castings, e Sebastian (Ryan Gosling), un pianista de jazz que se gaña a vida tocando en sórdidos tugurios, namóranse, pero a súa gran ambición por chegar á cima nas súas carreiras artísticas ameaza con separalos.