Sin categoría

José Manuel Torres, do club San Cibrán de Gondomar, campión intercontinental de bolos celta

Durante toda a fin de semana celebrouse nos campos federativos de Camos, Nigrán, o IX Torneo Intercontinental de bolos celta, no que participaron equipos de Sudamérica e España. Un total de 11 seleccións e 44 xogadores que disputaron as modalidades de parellas, individual e equipos.

Campionato individual

  • Campión Intercontinental: José Manuel Torres do club de bolos San Cibrán de Gondomar.
  • Subcampión: Daniel Alonso do club de bolos Xove, Lugo.
  • Terceiro: Alberto González do club de bolos Xunqueira de Gondomar.
  • Cuarto: Adrián Rodríguez do club de bolos Belesar Urgal de Baiona.

Campionato de parellas

  • Campións: Sergio Fernández e Javier Parada da selección de Pontevedra B.
  • Subcampións: Ismael Torres e Óscar Zapata da selección de Pontevedra B.
  • Terceiros: Daniel Álvarez e José Rodríguez da selección de Pontevedra C.
  • Cuartos: Inocencio Valverde e Esteban González da selección de Pontevedra B.

Torneo por equipos

  • Campión: Selección Española (Andrés García, José M. Torres, Roberto Paz e Yonny Menéndez).
  • Subcampión: Selección Galega (Cristian Lebedynski, Adrián Rodríguez, Francisco Pérez e Miguel López).
  • Terceiros: Selección de Pontevedra (Alberto González, Iván Camesella, Daniel Álvarez e José Rodríguez).
  • Cuartos: Selección de Lugo (Ginés Rodríguez, Cristian Rodríguez, Andrés Rodríguez e Daniel Alonso).

A próxima fin de semana celebrarase nos mesmos campos o I Torneo Iberoamericano de bolo celta, no que participarán equipos da Asociación Arxentina de bolos xuntamente cos clubs afiliados á Federación Galega de bolos.

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Sergio Fernández y Javier Parada.
FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Andrés García, José M. Torres, Roberto Paz y Yonny Menéndez