As pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo acolleron este domingo a disputa do XXXIV Campionato Xunta de Galicia Sub14 en pista ao aire libre. A baionesa Gabriela Bouzada proclamouse campioa galega en lanzamento de xavelina cun resultado de 31,63 metros e subcampioa en salto de lonxitude cunha marca de 4,75 metros. Tamén participou na proba de relevos de 4×80 metros xunto ás súas compañeiras do Atletismo Feminino Celta -Noa Pazó, Irene Méndez e Inés Muradas-, conseguindo a medalla de prata cun tempo de 43,49.
A baionesa Gabriela Bouzada proclámase campioa galega en lanzamento de xavelina




