Sin categoría

O Congreso ISA-ESA 2024 de Estrabismo premia un traballo da doutora Inés Pérez Flores, do Hospital Ribera Povisa

O Congreso ISA-ESA 2024, organizado conxuntamente polas Sociedades Internacional e Europea de Estrabismo, premiou o traballo elaborado pola doutora Inés Pérez Flores, oftalmóloga responsable da Unidade de Estrabismo do hospital Ribera Povisa, en colaboración coa doutora Eloísa Santos Armentia, neurorradióloga do servizo de Radiodiagnóstico de Ribera Povisa, e Beatriz Fernández Marta, do CHUAC da Coruña, titulado “Engrosamento da musculatura ocular extrínseca en pacientes con acromegalia”.

O traballo foi distinguido como “Mellor presentación poster” no ESA-ISA 2024, congreso que se celebrou do 12 ao 15 de xuño en Toulouse, Francia, e no que se deron cita máis de 650 oftalmólogos especialistas en estrabismo de todo o mundo. Esta distinción valora a orixinalidade do traballo, a calidade das imaxes e a súa presentación. O premio ten en consideración ademais a mocidade da coautora que presentou o traballo, a doutora Beatriz Fernández Marta (categoría para menores de 35 anos).

“A doutora Fernández, adxunta do CHUAC, está a completar a súa formación en estrabismo no Hospital Ribera Povisa e participa activamente nas sesións clínicas de Estrabismo que organizamos desde hai un ano”, explica a doutora Inés Pérez. “Este premio recoñece o valor científico do traballo realizado no noso hospital, así como o labor docente que estamos a desenvolver”.

Sesións clínicas de Estrabismo

A doutora Inés Pérez organiza, desde xuño de 2023, sesións clínicas dirixidas especialmente a oftalmólogos novos interesados no estrabismo. As reunións levan a cabo mensualmente, de forma en liña e presencial (no hospital Ribera Povisa), e son impartidas por médicos oftalmólogos, referentes nacionais e internacionais en estrabismo.

Tras o verán, retomaranse estas reunións mensuais e na programación xa se inclúen os relatorios de Diego Torres, responsable da Unidade de Oftalmoloxía pediátrica e estrabismo do hospital Arruzafa de Córdoba, sobre “Endotropia Conxénita”; de Elena Galán Risueño, a responsable da Unidade de Estrabismo do Instituto Oftalmolóxico e Complexo Asistencial Universitario de León, sobre “Estrabismo en pacientes con Miastenia Gravis”; de Anan Wert, da Unidade de Oftalmoloxía pediátrica, estrabismo e neuroftalmoloxía do IMO de Barcelona, sobre “Estrabismos tiroideos”; e de Federico Vélez, da Universidade de UCLA (California, EEUU).