Sin categoría

Mañufe celebra a súa IV Semana Cultural “San Antonio”

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe celebra desde este xoves e ata o domingo a súa IV Semana Cultural “San Antonio”. Haberá teatro, humor, música, canto coral e danza e música tradicional.

A programación comezará o xoves 20 de xuño ás 21:30 horas no Centro Cultural coa obra de teatro “Un marido de ida e volta” de Xente Daquí e Dacolá.

O venres día 21 haberá Canto Coral na Igrexa de Mañufe, a partir das 21:30 horas, coa participación da Coral Santa Eulalia de Donas e o Coro San Vicente de Mañufe.

O sábado 22 de xuño será a quenda do humor e a música no Torreiro. Ás 20:30 horas co espectáculo de Peter Punk, e a partir das 22:00 horas, coa actuación de Os Escaravellos e Tradisón.

O domingo día 23, a Semana Cultural chegará ao seu fin coa celebración dunha Xuntanza Folclórica desde as 17:30 horas. Participarán o Grupo de Gaitas “Aires de Santes”, o Grupo de Baile “Froles do Galiñeiro” e as Pandereteiras “Froleada” de Vincios, “Ecos e Agarimos” de Peitieiros, o Grupo de Gaitas “A Merced” de Chaín, o Grupo de Gaitas “Balcón do Val Miñor” de Morgadáns, o Grupo de Gaitas “Novos Aires” de Couso, o Grupo de Gaitas “Cores do Sobreiro” e as Pandereteiras do Sobreiro de Borreiros, Treboada de Donas, e “Os Romanteleiros” e o Grupo de Baile “Fíbulas” de Mañufe.