Sin categoría

Concerto de Five Roosters na Alameda da Ramallosa

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 22 de xuño ás 21:30 horas na Alameda de A Ramallosa o concerto da banda local “Five Roosters”. O grupo está formado por Bruno Figueras na voz, Berto Misa na guitarra e Fran Sánchez no baixo, sumándose para a ocasión Diego Pacheco na guitarra e Nando Abril na batería.