Este domingo celebráronse os Campionatos Galegos individuais de primeira e segunda categoría de bolos celta.
En primeira categoría o campión foi Javier Parada do club Belesar Urgal. O subcampión David Pintos do club Peitieiros. Terceiro Adrián Rodríguez do club Belesar Urgal. Cuarto Diego Pérez do club Sobreiro.
En segunda categoría o campión foi Javier Fernández do club Camos. Subcampión Jose A. Vázquez do club Lume nos Cus. Terceiro Marcos González do club San Cibrán. Cuarto Camilo Álvarez do club Gondomar.




