Sin categoría

Concerto do coro infantil do CPI de Cova Terreña

O Auditorio V Centenario de Baiona acolle este martes 18 de xuño ás 19:00 horas o concerto do coro infantil do CPI de Cova Terreña. Baixo a dirección musical da mestra Nuria Zúñiga, este espectáculo contará con 70 artistas entre cantantes e bailarinas e reunirá á personaxes máis entrañables de Disney coas que todos medramos. A maxia e a emoción de Disney chegarán ao Auditorio para presentar un traballo intenso pero fermoso que o alumnado de Educación Primaria do CPI de Cova Terreña estivo preparando nos recreos deste último mes. A entrada é de balde.