Sin categoría

Master Class de zumba en Panxón

O sábado 15 de xuño ás 17:00 horas terá lugar no Náutico de Panxón, Nigrán, unha Master Class de zoa organizada por Jean Cabal, Merchi Barros e Ainoa Otero. A idea da máster é a fusión Colombia e Galicia, por iso contarán coa participación de instrutores de Vigo, Pontevedra, Tomiño e como convidado especial, chegado desde Colombia, Jackson Lemos. O evento estará aberto para todo o mundo, cunha entrada de 12 euros por persoa. O obxectivo deste evento é que todos desfrutemos á vez que aprendemos outros estilos de baile nunha contorna idílica.