O barrio de Vilariño, na parroquia nigranesa de San Pedro da Ramallosa, celebra esta fin de semana as festas na honra de San Antonio. A programación prevista arrancará o xoves 13 de xuño ás 20:00 horas cunha Misa na honra de San Antonio de Vilariño na Igrexa de San Pedro e unha tirada de fogos ás 21:00 horas. O venres día 14 ás 20:00 horas haberá unha tirada de fogos, e a partir das 22:30 horas, a verbena correrá a cargo das orquestras Trébol e Players.
O sábado 15 de xuño ás 18:00 horas terán lugar as grandes “poxas”. Ás 20:00 horas, tirada de fogos, e a partir das 22:30 horas, verbena con Los Coleguitas de Venezuela e Fania Blanco Show. O domingo 16 ás 12:00 horas celebrarase unha Misa na honra de San Antonio no Torreiro de Festas, seguida de procesión acompañada pola Agrupación Musical de Belesar, que ofrecerá un concerto ao finalizar. A programación chegará ao seu fin cunha actuación infantil ás 17:00 horas e o concerto de Antonio Barros ás 21:00 horas.

