Desaloxan unha vivenda en Gondomar por unha acumulación de gas

Unha vivenda foi desaloxada este venres en Gondomar por mor da acumulación de gas provocada por un xerador situado nun local dun edificio. Os dous menores que residen na vivenda foron examinados polo persoal sanitario, que se desprazaron ao punto, tras ser alertados dunha posible intoxicación. Por fortuna, e despois de que os membros do GES de Val Miñor confirmaran que as medicións por monóxido de carbono foran positivas, os dous menores atopábanse en bo estado.

A nai dos menores foi quen, dez minutos antes das oito e media da pasada tarde, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que detectaba un cheiro moi parecido ao do gasóleo que subía polas escaleiras procedente dun xerador de electricidade situado nun local do edificio situado no lugar de O Cotro, en Gondomar, e que os nenos se lle durmían.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Baixo Miño e do GES de Val Miñor. Así mesmo, foron informados os Bombeiros de Vigo e a Policía Local, así como, tras comprobar polos membros do GES, que as medicións eran positivas por monóxido de carbono, o persoal da empresa subministradora deste gas.

Con todo, foi preciso desaloxar a vivenda cando se procedeu coas tarefas de ventilación.