Sin categoría

Charla de alimentación infantil e primeiros auxilios en Nigrán

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Saúde Val Miñor, ofrece este xoves 13 de xuño ás 17:00 horas no Auditorio Municipal, unha charla de alimentación infantil e primeiros auxilios. A mesma estará impartida pola enfermeira Sara Lema e a nutricionista Marta Losada, ambas traballadoras na Xunqueira. A entrada é de balde ata completar aforo.